Formación con raíces, negocios con futuro.

Levo anos creando, facendo crecer e xestionando empresas en Galicia. Ao longo deste camiño descubrín que moitos autónomos e pequenos empresarios teñen un enorme talento para o seu oficio, pero nunca recibiron formación para xestionar un negocio. Por iso nace Formación Empresarial.gal.

— Javier Fontaíña, fundador

Sabes facer o teu traballo. Pero ninguén che ensinou a xestionar un negocio.

Decisións por intuición, prezos a ollo, marxes pouco claras e mil lumes que apagar. Non es mal empresario: esa parte simplemente non cha ensinaron. Ata agora.

A escola

Que é Formación Empresarial.gal

Unha escola galega que traduce a xestión empresarial ao idioma do pequeno negocio. Non simplificamos por falta de rigor: simplificamos para que o poidas aplicar mañá mesmo.

01 — Práctica

Saes con decisións

Cada formación remata con ferramentas e accións que podes aplicar desde o primeiro día.

02 — Accesible

Formación accesible

Democratizamos a ensinanza empresarial. Falamos na túa lingua.

03 — Próxima

Desde a túa realidade

Exemplos reais do comercio galego, que encaixan no teu sector.

04 — Honesta

Sen fume

Pouca feira e moito xeito: o difícil tamén se pode entender.

Reseñas

O que din quen xa se formou con nós.

«Moi interesante. Grandes profesionais.»
«O profesor explica dunha maneira moi clara.»
«O que máis me gustou foi que me quedaron claras as cousas básicas para empezar a traballar ca IA.»
«Moitas ideas para mellorar o negocio.»
Para quen

Para quen levanta a persiana cada mañá

Cada negocio ten os seus matices, pero todos comparten o mesmo: vendas, custos, tempo, clientes e decisións.

Tendeiro co mandil e os brazos cruzados no seu comercio de barrio
Comercio de proximidade
Charcuteiro veterano á entrada da súa tenda tradicional
Profesionais de oficio
Dona dunha cafetería co seu mandil, brazos cruzados no seu local
Autónomas e autónomos
Autónomos Comercio de proximidade Negocios familiares Profesionais de oficio Emprendedores Pequenas empresas (3–10)
Quen forma

Quen está detrás de Formación Empresarial.gal

Javier Fontaíña Falque, formador de Formación Empresarial.gal
Javier Fontaíña Falque

Emprendedor galego. Leva anos creando, facendo crecer e xestionando empresas na comunidade. Fundou Formación Empresarial.gal ao comprobar que moitos autónomos e pequenos comercios teñen un talento enorme para o seu oficio, pero nunca recibiron formación para xestionar un negocio. A súa misión é darlles esas ferramentas: na súa lingua e sen fume.

Antón Freire Picón, formador de Formación Empresarial.gal
Antón Freire Picón

Especialista en marketing e intelixencia artificial. Traballa en Kracia —cooperativa galega de marketing dixital recoñecida como mellor proxecto emprendedor de 2022 (EOI)— e en Vella Escola (cultura urbana e eventos), movéndose entre o marketing, a foto, o vídeo e a IA. En Formación Empresarial.gal ensina a poñer a intelixencia artificial e o marketing a traballar no día a día dun negocio pequeno.

A formación que precisas para o momento no que te atopas.

Programas / 04

As nosas liñas de formación

Catro liñas para medrar como profesional, vender mellor, usar a intelixencia artificial e ordenar os números. En formato charla, taller, programa e acompañamento.

04

Xestión empresarial para o pequeno comercio

Aprende a entender os números e documentos do teu negocio para tomar mellores decisións.

Marxes · prezos
Que levasOs teus prezos e marxes reais calculados, e a conta de resultados en claro.
Como traballamos

Non vimos dar outra charla. Vimos para que saibas tomar as túas propias decisións.

01

Diagnóstico

Entendemos o teu negocio, os teus números e os teus principais bloqueos.

02

Formación

Conceptos clave con exemplos reais e linguaxe sinxela.

03

Aplicación

Ferramentas e coñecemento para aplicar no teu propio negocio.

04

Acompañamento

Revisamos avances e dúbidas para que a formación non quede só en palabras.

Concellos · Asociacións · Cámaras

Programas para concellos, asociacións e cámaras de comercio.

Levamos a formación á túa entidade. Talleres prácticos nos que cada participante sae entendendo mellor os seus números, o seu negocio e a súa forma de vender.

Solicitar proposta para a túa entidade
Falamos?

O teu negocio merece crecer.

Escríbenos por WhatsApp e falamos sen compromiso.

Tes un negocio

Quero formarme

Autónomo, comercio ou pequena empresa que quere xestionar mellor e crecer.

Escribir por WhatsApp
Es unha entidade

Quero unha proposta

Concello, asociación ou cámara de comercio que quere formar ao tecido local.

Pedir proposta por correo
Prefires falar

Chámanos

Se o prefires, cóntanolo por teléfono e resolvémosche as túas dúbidas.

617 182 862